Sir Kay

Sir Kay creba a súa espada no torneo, por Howard Pyle de The Story of King Arthur and His Knights. (1903)

Sir Kay (chamado Queya no fragmento en galego, e coñecido en galés como Cai, Kai, Kei ou Cei; en latín como Caius; en francés como Keu e en francés antigo como Queux, Kès ou Kex) é o fillo de Sir Héctor, quen é á súa vez é o pai adoptivo do Rei Artur, e polo tanto, Sir Kay e el son medio irmáns. Converteuse no seu senescal e portaestandarte, e tamén nun dos primeiros cabaleiros en formar parte da Táboa Redonda de Camelot. Nalgunhas versións, Kay é coñecido polos escarnios que dirixe a outros cabaleiros. Trátase dun dos personaxes máis antigos que se asocian con Artur.

Nas obras Lancelot-Graal, Le Morte d'Arthur e outras, o pai de Sir Kay adopta ó Rei Artur cando este aínda só era un meniño e descoñecía a súa verdadeira identidade por mor dunha intervención de Merlín. Artur medra sendo escudeiro de Sir Kay e a identidade de Artur revélase cando extrae a espada da pedra, durante un torneo en Londres. De maneira oportunista, Kay tenta acaparar co mérito da fazaña, pois sabía que quen sacase a espada da rocha sería coroado rei de Inglaterra. Ó final, Kay retráctase e recoñece o mérito de Artur, ante quen se axeonlla e xura lealdade.


Developed by StudentB